Curso de creación de complementos e vestimenta creativa

Aquí tedes máis info e xa podedes anotarvos!
Comeza o 17 de outubro e remata o 2 de novembro. Vai ser no Centro Social de Boiro, os mércores e os venres de 20:00-22:00h.
O prezo é de 50€ por persoa (materiais incluídos).
Trátase dun obradoiro creativo no que imos facer broches e outros detalles cos que customizar a nosa roupa e complementos e rediseñar e transformar roupa que xa non utilicemos. Para elo utilizaremos diferentes técnicas e materiais: camafeos, lazos, feltro, pintura en tela, tachas, bordados.... e o que a imaxinación e as mans nos permitan!
Se estás interesada en participar anótate aquí mesmo, no mail agatamoscovita@gmail.com ou no Centro Social de Boiro, tlf: 981842635. Agárdovos!