Lío de palangre


Lío  de palangre é unha colección de complementos de moda inspirada no mar de Galicia. Consta de 18 pezas e cada unha delas evoca un elemento, costume ou particularidade dunha vila mariñeira.
Os materiais empregados son do máis variados adaptándose ás necesidades estéticas de cada un dos complementos: metais, téxtiles, cunchas, vidro,  madeira…
A colección non busca só mostrar a vertente máis estética dos elementos mariños, senón aportar unha visión máis conceptual na que poñer en valor a nosa cultura mariñeira.


Torque, broche e pendentes PERCEBE

Arame forrado de tela e uña tratada de percebe. Medida estándar torque: 23 cm 
Medidas e gran variedade de cores por encargo 
Prezos: Torque e broche: 19€    Pendentes: 15€ 


  

Anel e colgante TALLADAS DE POLBO

Base metálica, teas e abelorios
Cadea de 70 cm. Colgante 4x3cm e anel 2,5cm diam.
Prezos: Anel: 15€   Colgante: 19€
   

 Colar e pulseira ALGA

Lazo enrugado e peche metálico
Medias estándar: Colar 40cm e pulseira: 20 cm
Outras medidas por encargo
Prezos: Colar: 19€   Pulseira: 15€ 



Anel e colgante LATA DE ATÚN

Base metálica, feltro e resina
Cadea de 70cm. Colgante 4x3cm e anel 2,5cm diam.
Prezos: Anel: 15€   Colgante: 19€ 



Broche AMEIXA

Base metálica, cuncha de ameixa e lazo de guante de mariscar
Meida aprox: 5 x4cm
Prezo: 15€  



Tocado e pasador AGULLA DE COSER REDES


Pasador: Agulla de coser redes 20cm aprox., cordón, fío e abelorios

Tocado: Base de palla 12cm. aprox, agulla d ecoser redes, fío e abelorios
Dispoñibles noutras cores
Prezos: Tocado: 25€    Pasador: 15€ 



Anel e pulseira REDE

Anel: Base metálica con vidro dourado cuberto de rede de pesca
Pulseira: Tea dourada cuberta de rede de pesca. Peche metálico. Medida stándar 16cm. 
(outras medidas por encargo)
Prezos: Anel: 15€    Pulseira: 18€